Primeiros movementos do Grupo Deportivo Supermercados Froiz pensando na nova tempada deportiva.
O equipo ciclista pontevedrés cumprirá en 2026 nada menos que 38 campañas no pelotón nacional, e farao con enerxías renovadas e as mesmas ganas de plantar batalla na estrada.
Para empezar, a escuadra dirixida por Evaristo Portela anunciou a renovación de seis corredores que xa estaban nas súas filas.
Trátase de Pablo García, Adrián Pacho, Iván Puentes, Rubén Sánchez, Joel Díaz e Manuel Rodríguez.
Con eles visitiendo de novo a camisola alimenticia máis as pezas que faltan por chegar o Froiz partirá un novo ano co obejtivo de pelexar polo mellor posto posible no ranking nacional elite e sub-23.
Unha clasificación por equipos que en 2025 finalizou na cuarta posición con 2.053 puntos só superado polo Equipo Cortizo (2.529), Extremadura Pebetero (2.810) e Louriña Cycling Team (3.040 puntos).