Sen opcións para o Cisne nos cuartos de final de Copa Galicia ante o Cangas (20-35)

Pontevedra
27 de agosto 2014

Os pontevedreses aguantaron a igualdade os primeiros 20 minutos, pero remataron cedendo con claridade ante o maior ritmo do equipo de Asobal. Teucro, Lalín e Novás completan as semifinais da competición

Partido de Copa Galicia entre Cisne e Cangas no CGTD PontevedraViva

Esixente test para o Cisne na Copa Galicia de Balonmán ante o Cangas, equipo que milita na Liga Asobal.

Os pontevedreses aguantaron o tipo durante os primeiros 20 minutos, pero remataron cedendo con claridade ante o maior ritmo dos cangueses para caer por 20 a 35.

As semifinais de Copa Galicia, que se disputará a próxima fin de semana, complétanas o Teucro, Balonmán Lalín e Atlético Novás.

O Cangas enfrontarase ao Atlético Novás, mentres que o Teucro fará o propio co Balonmán Lalín despois de que os dezanos derrotasen ao Academia Octavio por 34 a 23.