Sergio Blond deixa o Teucro por motivos académicos

Pontevedra
22 de xuño 2024

Blond iniciou a súa andaina deportiva no Teucro desde temperá idade, pero foi no 2021-2022 cando pasou a formar parte do primeiro equipo. Na final a catro autonómica de categoría xuvenil foi nomeado Mellor Xogador do partido e sempre foi un fixo nas convocatorias da selección galega nas categorías de base  

Sergio Blond, no partido entre Teucro e Gáldar-Gran Canaria no Pavillón Municipal
Sergio Blond, no partido entre Teucro e Gáldar-Gran Canaria no Pavillón Municipal / Cristina Saiz

Nova baixa confirmada nas filas da Sociedad Deportiva Teucro, que segue a planificar a que será a súa terceira tempada consecutiva en Primeira Nacional.

Trátase da saída do canteirán Sergio Blond, que "por estudos" vai facer "un parón na súa traxectoria deportiva", tal e como indicou o conxunto pontevedrés.

Blond iniciou a súa andaina deportiva no Teucro desde temperá idade, pero foi no 2021-2022 cando pasou a formar parte do primeiro equipo. Na final a catro autonómica de categoría xuvenil foi nomeado Mellor Xogador do partido e sempre foi un fixo nas convocatorias da selección galega nas categorías de base.

Sergio é a terceira baixa do cadro lerezano, xunto ás de Marko Dzokic e Xurxo Rivas. Pola contra, seguirán vestindo a elástica teucrsta Dani Pintus, Rhuan Marchete, Eloy Krook e Miguel Monteagudo, ademais do recentemente chegado Sergio Wagner.