Sergio Troitiño triunfa en Bulgaria nos Multieuropean Games

Marín
07 de xuño 2022

O deportista do Mat's de Marín conseguiu a medalla de ouro na proba internacional de taekwondo celebrada na localidade de Sofía no peso de -87 quilos de categoría júnior

Sergio Troitiño, no podio dos Multieuropean Games
Sergio Troitiño, no podio dos Multieuropean Games / Federación Galega de Taekwondo

Grandes noticias para o taekwondo pontevedrés nos Multieuropean Games que se están celebrando na localidade búlgara de Sofía.

En Bulgaría Sergio Troitiño (Mat's de Marín), alzouse coa medalla de ouro na competición júnior dentro da categoría de -87 quilos.

O deportista do club marinense superou en semifinais o francés Tama Taputu, nun combate que finalizou en dous asaltos con claro dominio de Troitiño.

Xa na final o rival polo título foi o ucraíno Ilya Lipatov, nun combate complicado no que o taekwondista do Mat's conseguiu levar a iniciativa para terminar por impoñerse con claridade.

Nos Multieuropean Games outros dous deportistas galegos júnior conseguiron subir ao  posio, cos bronces de Mateo  Boudjenane (-63, Boudsport) e Helena García (+68,  Dobok).