Sergio Vega deixa o Froiz e dá o salto ao ciclismo profesional cun equipo portugués

Pontevedra
24 de outubro 2018

O Supermercados Froiz perde un dos seus corredores máis destacados. O cántabro Sergio Vega, actual campión de España, abandona a disciplina pontevedresa para dar o salto ao ciclismo profesional. Farao como integrante do equipo Miranda-Mortágua

Sergio Vega, corredor do Super Froiz
Sergio Vega, corredor do Super Froiz / Grupo Deportivo Supermercados Froiz

O Supermercados Froiz perde un dos seus corredores máis destacados. O cántabro Sergio Vega, actual campión de España, abandona a disciplina pontevedresa para dar o salto ao ciclismo profesional.

Farao como integrante do equipo Miranda-Mortágua. Será o segundo corredor español do conxunto luso, que tamén fichou ao galego Cristian Mota.

Sergio Vega, que asinou unha gran tempada alzándose co campionato de España, a Volta a Coruña e a Volta a Galicia, consegue así cumprir o seu soño e probar sorte no pelotón profesional.

O ciclista cántabro marcha, segundo recoñece, moi agradecido ao equipo pontevedrés, do que asegura que lle devolveu a ilusión e as ganas de correr. 

Con respecto ao seu novo equipo, Vega celebrou esta oportunidade. "Espero demostrar a miña valía e seguir crecendo como ciclista", sinalou.

O grupo deportivo Supermercados Froiz desexou sorte ao corredor na súa nova etapa.