O primeiro Campionato do Mundo Feminino de Fútbol sala da historia terá unha notable representación do Poio Pescamar.
Até sete dos seus futbolistas, a metade do seu plantel, foron chamadas a filas nas convocatorias para o Mundial que arrinca o 3 de novembro en Filipinas.
Destaca a lista da Selección Española feita pública na tarde deste luns, na que o conxunto conserveiro é o club que máis xogadoras achega con catro.
A seleccionadora Claudia Pons recrutou para o Mundial a gardameta Elena xunto a Noelia Montoro, Ale de Paz e Martita.
Certo é que no caso de España a concentración mundialista iniciarana 16 futbolistas, e produciranse aínda dous descartes antes do inicio da competición e tras os amigables previstos fronte a Marrocos os días 11 e 12 de novembro.
🫂 𝗨𝗻𝗮 𝗹𝗶𝘀𝘁𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗹𝗮 𝗵𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) October 27, 2025
➡️ Por todas las que han luchado y han soñado con un Mundial femenino de fútbol sala
🇵🇭 Las 1⃣6⃣ elegidas para Filipinas#FutsalEspaña #FutsalWWC pic.twitter.com/n3m7vbBPem
En todo caso a este catro representes de Poio sumáronselle tres máis nas listas de Italia e de Portugal.
No combinado luso foron incluídas na lista final mundialista tanto Carolina Pedreira como Débora Lavrador.
Por último defenderá a camiseta italiana Rafa Pato.
España ten previsto o seu debut no Mundial o próximo día 22 de novembro fronte a Tailandia, completando a primeira fase o martes 25 de novembro fronte a Colombia e o venres 28 contra Canadá.
A celebración do Campionato do Mundo ocasionará o parón da Primeira División tras a próxima xornada de liga do sábado 1 de novembro, na que o Poio Pescamar recibirá na casa ao Alcorcón. A competición de feito non se reactivará até o día 13 de decembro.