Segue de doce o Marín Peixegalego na que está a ser a súa mellor campaña na liga LEB Prata.
Os pupilos de Javi Llorente lograron ante o Sammic o seu sétimo triunfo consecutivo (82-75), o que lles consolida na segunda praza da clasificación.
O cadro peixe dominou por fases un partido igualado e de alternativas, mandando timidamente no electrónico ata o descanso (43-36), grazas en parte ao acerto de Rogers desde o perímetro (6 triplos ao longo do partido) e Green na pintura.
Os visitantes reaccionaron tras o descanso e chegaron a poñerse por diante para afrontar o último cuarto con todas as opcións, pero nos últimos 10 minutos o máis acertado foi o Peixegalego, certificando o triunfo final.
Rogers anotou finalmente 25 puntos e Javonte Green achegou 20 puntos e 11 rebotes.
Consulta aquí as estatísticas do encontro.