A loita volveu invadir a praia de Silgar coa celebración esta fin de semana do Campionato Galego de Loita Praia e Sambo Praia.
A cita reuniu a preto de 200 participantes e congregou numeroso público no paseo marítimo.
A competición, disputada en xornada do sábado pola mañá, contou con máis de 60 combates en cada un dos aneis instalados sobre a area, nun formato que acada adeptos ano tras ano ao trasladar estas disciplinas fóra dos pavillóns.
No evento participaron deportistas das catro provincias galegas, incluídos varios campións de España.
En categoría sénior de loita praia, o Club Sportfight de Ferrol alzouse coa primeira posición con 79 puntos, seguido do Club Atila de Ourense (75) e do Club San Ignacio de Vigo (72). O Club Pontevedra finalizou en quinta posición con 50 puntos.
Na categoría U17, o triunfo foi para o Club San Ignacio de Vigo (70 puntos), por diante do Club Keltoi de Vila de Cruces (43) e a Esc10ueola Ayude de Santiso (40). O equipo pontevedrés repetiu quinto posto con 25 puntos.
Pola súa banda, en sambo praia, o Club Senín de Vilagarcía dominou a clasificación con 130 puntos, seguido do Sportfight de Ferrol (90) e do Club Graiño da Coruña (26).
A xornada, destacan desde a organización, "volveu pór en valor o atractivo deste tipo de competicións ao aire libre, que permiten achegar o deporte ao público en enclaves emblemáticos como Silgar".