A Selección Española de Fútbol Sala confirmou este xoves a convocatoria do equipo nacional absoluto feminino para os dous próximos amigables que se celebrarán en Portugal os días 20 e 21 de febreiro.
Trátase de dous encontros fronte á selección lusa que terán lugar na localidade de Vila Real.
Este dobre compromiso supoñerá a volta á Selección da gardameta pontevedresa Silvia Aguete (Torreblanca Melilla) e tamén da futbolista do Poio Pescamar Ale de Paz.
Ambas as dúas, ausentes na primeira lista oficial do ano, volven desta forma para contar para a seleccionadora Clàudia Pons.
As que caen nesta ocasión da lista de 14 seleccionadas son Laura Uña e Rocío Gómez, representantes tamén do Poio Pescamar e que deberán esperar para ser convocadas en próximas ocasións.