Silvia Aguete: "Se ganarán más Eurocopas pero la primera siempre será la nuestra"

Pontevedra
20 de febreiro 2019

Despois de proclamarse campioa de Europa de fútbol sala esta fin de semana, a gardameta pontevedresa do Poio Pescamar recibiu o recoñecemento por parte do Concello de Pontevedra onde destacou importancia deste deporte en España

Recepción de Silvia Aguete e Adrián Paz no Concello de Pontevedra
Recepción de Silvia Aguete e Adrián Paz no Concello de Pontevedra / Mónica Patxot

A gardameta pontevedresa do Poio Pescamar, Silvia Aguete, non para de recibir recoñecementos. O último foi o realizado polo Concello de Pontevedra na recepción ofrecida este mércores tras gañar o domingo, na localidade lusa de Gondomar, a primeira Eurocopa de fútbol sala feminino da historia. No acto tamén se rendeu homenaxe ao tamén pontevedrés Adrián Paz, preparador físico da Selección.

Silvia quixo destacar a importancia que ten este deporte en España e espera "que con este Europeo, el fútbol femenino sea más visible y se nos de un poco más de cancha y repercusión". Con respecto á posibilidade de xogar un Mundial oficial, engadiu que "está en el aire. Ojalá la FIFA se haya fijado en la final del domingo porque fue un partido impresionante con un lleno absoluto". A pesar de non saber se vai haber campionato do mundo, competición que nunca se disputou, "España está preparada para ello, si ganamos una Eurocopa en Portugal con todo en contra, un Mundial se nos dará bien" concluíu a porteira.

Pola súa banda, Adrián Paz, recalcou as palabras de Silvia e destacou a importancia que ten o traballo que están a facer nas categorías base os clubs de Galicia. Tamén quixo "facer un chamamento a patrocinadores e institucións a que apoien ou deporte" qe que isto sirva como "punto de inflexión para axudar a estas  rapazas que están facendo un traballo extraordinario no día a día. Ten que servir para axudalas para que sexan profesionais e que non teñan que traballar pola  mañá, estudar pola tarde e a última hora ir a entrenar".

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quixo mostrar o seu apoio á xogadora e ao preparador físico en nome de toda a cidade "estamos moi orgullosos, isto vai significar un impulso importante para o deporte femenino e para o fútbol sala femenino e é necesario ter referentes para que a xente practique deporte".