O Pavillón Municipal da Raña, en Marín, acollerá en decembro un evento de nivel internacional, un encontro da Selección Española Feminina de fútbol sala.
Así o confirmou este luns a Real Federación Galega de Fútbol.
O rival para esta cita amigable será o combinado nacional de Xapón, nun partido que se disputará o martes 10 de decembro.
Un día despois, o mércores día, os dous equipos volverán medirse pero esta vez na localidade luguesa de Burela.
Será a ocasión de ver en acción ás actuais campioas de Europa, un equipo no que son habituais a gardameta pontevedresa do Poio Pescamar Silvia Aguete ou as tamén galegas Vane Sotelo e Luci.
DÚAS FUTBOLISTAS DO POIO PESCAMAR, CONVOCADAS POLO EQUIPO NACIONAL
Coincidindo coa confirmación do amigable entre España e Xapón, a Selección Española absoluta deu a coñecer a lista dos seus próximo compromisos de preparación, ambos contra Eslovenia.
Para estes choque a seleccionadora Claudia Pons reclamou a dúas xogadoras do Poio Pescamar. Trátase de Caridad García e Ana Rivera, xunto á pontevedresa Jenny Lores (Burela).
Os amigables ante Eslovenia celebraranse entre o 3 e o 7 de novembro nas localidades de Podcetrtek e Celje.