Skye Rees debuta no Arxil nunha partido clave para distanciarse da zona baixa

Pontevedra
20 de novembro 2015

O conxunto verde visita este sábado (20:00 horas) a cancha do ADBA Avilés coa intención de abrir oco coa zona de perigo e achegarse á zona nobre da clasificación

Adestramento do Arxil no CGTD
Adestramento do Arxil no CGTD / Mónica Patxot

Importante partido o que este sábado (20:00 horas) afrontará o Club Baloncesto Arxil na cancha do ADBA Avilés.

O conxunto verde busca en Asturias o seu segundo triunfo consecutivo para distanciar en tres vitorias ao descenso e achegarse á zona nobre da clasificación na liga Feminina 2.

Na convocatoria do equipo pontevedrés figura xa a súa recente fichaxe, Skye Rees, chegada para sustitutir a Rossie Duarte e que segundo o cordinador do club, Liño Vázquez, "vai axudarnos a ser mellor equipo, a ter máis equilibrio en ataque e en defensa e vai axudar moito tanto na liña exterior como na interior".

Ademais de Rees, viaxan a Avilés: Carla, Sandra, María Lago, María Centeno, Ana Martín, Ana Román, Cristina e Yanique Gordon.

Nas asturianas, penúltimo clasificado cun triunfo en sete partidos, destacan a nivel ofensivo a base Ana Malanda e a alero croata Davorka Balic.