O Club Waterpolo Pontevedra non logrou remontar o 9-10 cultivado na ida fronte ao CN Barcelona. As pontevedresas tentárono até o último suspiro, pero caeron por un definitivo 14-11 no encontro de volta das semifinais do play-off de ascenso a División de Honra.
Abriu a lata o equipo de Arthur Neves cun temperán gol de Alba Rodríguez que foi contestado por Clara Rodríguez para o cadro catalán. Adiantouse novamente o equipo pontevedrés a través de Carmen Díaz e, unha vez máis, igualou a contenda o conxunto local para pechar o primeiro tempo (2-2).
Ambos os ataques se desquitaron nun segundo cuarto onde a igualdade se mantivo cun maior protagonismo ofensivo. Os dous tantos iniciais do CN Barcelona foron neutralizados por Carmen Díaz e Irene, que puxeron o 4-4 a cinco minutos do descanso.
Repetiuse a secuencia con outros dous tantos locais e, nesta ocasión, foi Carmen Rodríguez quen devolveu a igualdade ao marcador con dous goles consecvutivos. Por desgraza para as visitantes, Mireia Desnivelou a balanza ao bordo do ecuador (7-6).
O conxunto catalán logrou aumentar a súa vantaxe no arranque do terceiro tempo (10-7), pero as de Arthur Neves tiraron de orgullo para darlle a volta á situación e empatar o choque xusto antes do último cuarto (10-10).
Os minutos decisivos do partido xogaron en contra do Club Waterpolo Pontevedra, pois tres tantos consecutivos do CN Barcelona no arranque do último tempo deixaron a eliminatoria vista para sentenza.
Carmen Rodríguez anotou para apurar as opcións das pontevedresas, pero Xenia fixo o definitivo 14-11 para deixar fóra da final do play-off ao equipo da Boa Vila.
As lerezanas competiron de ti a ti a eliminatoria fronte a un dos grandes favoritos para lograr o ascenso. A pesar de non lograr subir de categoría, as de Arthur Neves pechan unha tempada para o recordo.
Consulta a acta neste enlace.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.