Soños de ACB no Campus Baloncesto Pontevedra

Pontevedra
01 de agosto 2016

Pepe Pozas, base do Obradoiro da Liga ACB, visitou este luns o Campus Baloncesto Pontevedra que se desenvolve na Cidade Infantil Príncipe Felipe

Pepe Pozas visita o Campus Baloncesto Pontevedra
Pepe Pozas visita o Campus Baloncesto Pontevedra / Cristina Saiz

A máxima competición do baloncesto nacional, a Liga ACB, achégase un ano máis aos xóvenes pontevedreses, esta vez da man do Campus Baloncesto Pontevedra.

Máis de medio cento de nenos, desde os 8 anos de idade, puideron gozar este luns dos consellos de Pepe Pozas, base do Obradoiro da Liga ACB.

O xogador mesturouse cos pequenos recoñecendo que "siempre me apetece venir a estos campus" xa que "me lo paso bien y los niños son muy agradecidos", sinalou.

"Lo que les vengo a decir es que por mi experiencia que vivan cada momento y que se lo pasen bien sin pensar qué pueden hacer en el futuro", explicou no medio dun dos adestramentos programados cos pequenos.

Ademais de Pepe Pozas este martes visitará o Campus Baloncesto Pontevedra outro xogador da máxima categoría como o ala-pívot Pierre Oriola, recente incorporación do Valencia Basket.

Tamén visitarán o campus Gonzalo Rodríguez, técnico axudante do Obradoiro, e Ana Martín, xogadora do primeiro equipo do Arxil.

O Campus Baloncesto Pontevedra iniciouse este domingo 31 de xullo e desenvolverase ata o 7 de agosto.