O Marín Futsal deu a sorpresa na Raña ante un tocado Alcorcón que acumula tan só un triunfo no últimas cinco xornadas disputadas.
E a verdade é que o partido comezou da mellor forma para as locais, que se adiantaron ao minuto e medio de xogo cun golazo de Débora Lavrador, que definiu picando o balón á saída da gardameta tras un pase de Carolina desde o seu propio campo.
Buscou a reacción o Alcorcón, pero foi o Marín Futsal o que devolveu o golpe a falta de seis minutos para o descanso tras un libre indirecto que transformou Lavrador.
A alegría durou pouco ás locais e é que, nada máis sacar de centro, o cadro madrileño reduciu distancias por medio de Clau López.
Despois do paso polos vestiarios chegou o aluvión de goles, aínda que non foi ata alcanzado o ecuador do segundo tempo cando o marcador volveu mover.
Carolina fixo o 3-1 de libre directo cun gran zurdazo e o técnico do Alcorcón, ante a situación, optou polo xogo de cinco. Con todo, o Marín Futsal aguantou cunha gran defensa e nun visto e non visto iniciou a goleada.
Carolina Bravo, no seu intento de despexe, coou o esférico na portería visitante aproveitando que estaba baleira; Vane Sotelo tivo o 4-2 pero o seu chute deu no traveseiro e, tras esa xogada, nunha intercepción na área, Café puxo máis terra polo medio subindo o 5-1.
O partido xa estaba practicamente sentenciado, pero o Marín aínda quería máis e a falta de minuto e medio para a conclusión, Carolina, da mesma forma que as súas compañeiras, asinou o 6-1 final.
Consulta a acta nesta ligazón