Os clubs clasificados para a final da Copa Galicia Feminina de Fútbol Sala, o Poio Pescamar e o Marín Futsal, serán os encargados de vender as entradas para o partido polo título autonómico.
Así o confirmou a Real Federación Galega de Fútbol, que fixou o custo dos billetes en 5 euros para o público xeral, con acceso de balde para os menores de 10 anos.
Cabe lembrar que a final da Copa Galicia disputarase o vindeiro Xoves Santo, día 28 de marzo, ás 12.00 horas no pavillón pontevedrés de Príncipe Felipe.
Neste encontro do Poio Pescamar buscará levantar o seu cuarto título de Copa Galicia, mentres que o Marín Futsal aspira a estrearse no palmarés do torneo.
Ademais das entradas que estarán dispoñibles nas oficinas dos dous clubs finalistas, o mesmo día do partido habilitarase venda presencial de entradas no despacho de billetes do pavillón.