Unha andaina polos montes de Marín e logo a comer o bolo do pote

Marín
10 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Máis de 300 persoas participaron este domingo na Andaina Montes e Praias de Marín, organizada pola Asociación Española contra o Cancro

Reparto do Bolo do pote, un plato típico do tempo de Entroido
Reparto do Bolo do pote, un plato típico do tempo de Entroido / Concello de Marín

Más de 300 persoas participaron este domingo na Andaina Montes e Praias de Marín, organizada pola Asociación Española contra o Cancro. 

A pesar do frío e a choiva a camiñada botou andar ás nove da mañá da Alameda de Marín e percorreu as principais paraxes naturais do municipio.

Os participantes podían decidir entre as dúas modalidades propostas: por unha banda, a andaina popular de 15 quilómetros e, por outra, a deportiva de 25. 

Esta andaina forma parte de dos calendarios oficiais, o da liga Ibérica de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo e da liga da Xunta de Galicia da Federación Galega de Montañismo. 

A celebración desta camiñada, como xa é tradición, coincidiu co Bolo do Pote, organizado por Pousos da Area e que estivo aberto a todos os que lles apeteceu gozar deste tradicional prato típico do tempo de Entroido.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora