Suspendido por segunda xornada consecutiva o partido de liga do Arxil, por un positivo no seu rival

Pontevedra
29 de outubro 2020

O club pontevedrés, que xa viu aprazado o encontro da pasada fin de semana fronte ao Rosalía santiagués, tampouco se enfrontará ao Ibaizábal, que informou dun positivo por Covid nas súas filas

Partido de Liga Femenina 2 entre el Arxil y el Baxi Ferrol no CGTD Mónica Patxot

A Covid volve afectar indirectamente ao Club Baloncesto Arxil, que por segunda xornada consecutiva non disputará o seu partido previsto na Liga Feminina 2.

Se a pasada fin de semana o cadro pontevedrés tivo que aprazar o seu encontro na cancha do Rosalía santiagués pola corentena de varias das súas xogadoras, agora o seu próximo rival, o Ibaizábal, anunciou un positivo nas súas filas.

O club vasco confirmou a incidencia, que lle obrigou a suspender tanto o partido previsto co Arxil o vindeiro sábado 31 como o que ía disputar este mesmo xoves fronte ao Celta.

Trátase da terceira xornada, de catro de liga, que se ven aprazadas para as verdes, que esta semana puideron recuperar o choque da primeira xornada suspendido no seu momento ante o Baxi Ferrol, con derrota no  CGTD.

De non producirse novas incidencias, o seguinte encontro fixado para o Arxil disputarase o 7 de novembro no Centro Galego de Tecnificación ante o Cortegada de Vilagarcía.