Teresa Abelleira, convocada de novo pola Selección Española Sub-19

Pontevedra
17 de xaneiro 2019

A futbolista pontevedresa, clave no título europeo conseguido no verán polo combinado nacional da categoría, participará nunha concentración nas Rozas entre o 21 e o 23 de xaneiro

Teresa Abelleira, nun partido do Europeo Sub-19 RFEF

As categorías inferiores da Selección Española de Fútbol seguen contando con Teresa Abelleira.

A pontevedresa, peza clave no título europeo conseguido o pasado verán polo combinado nacional Sub-19, mantense como fixa nos plans do seleccionador da categoría, Pedro López.

Abelleira é unha das 24 futbolistas convocadas a participar na primeira concentración de 2019.

Os adestramentos levarán a cabo do 21 ao 23 de xaneiro na Cidade do Fútbol da Real Federación Española en Las Rozas.

Tras o Campionato de Europa, a xogadora do RC Deportivo tomou tamén parte en outubro na Rolda Elite continental.