Teresa Abelleira volve contar para a Selección Española Sub-17

Pontevedra
18 de xaneiro 2017

A pontevedresa, que actualmente milita no Real Club Deportivo da Coruña, é a única futbolista galega citada para unhas xornadas de adestramento do equipo nacional sub-17 que terán lugar en Las Rozas

Teresa Abelleira nun partido coa Selección Galega Sub-18
Teresa Abelleira nun partido coa Selección Galega Sub-18 / Federación Galega de Fútbol

Aos poucos Teresa Abelleira segue queimando etapas de formación nas categorías inferiores da Selección Española de Fútbol.

A centrocampista pontevedresa, que milita actualmente no Real Club Deportivo da Coruña, é a única galega convocada polo equipo nacional sub-17 para unhas xornadas de adestramento en Las Rozas.

A seleccionadora, Toña Is, citou a 24 futbolistas á concentración, que terá lugar nas instalacións da Real Federación Española, a Cidade do Fútbol, do 23 ao 25 de xaneiro.

Xunto a Abelleira compoñen a convocatoria: Rosa María Ortemín (Atlético de Madrid); Oihane Hernández e Eider Murgía (Athletic Club); Laura Laso (Ave Fénix Racing); Laia Aleixandri, Berta Pujadas, Candela Andújar, Ana Torroda, Laia Codina e Claudia Pina (Barcelona); Rosa Márquez (Real Betis); Catalina Thomas Coll (Collerense); Carla Bautista (Fundación Albacete); María Llompart (Espanyol); Silvia Rubio e Alejandra Bernabé (Madrid CFF); Esther Andrés Pascual (Manchego Real); Laura Gutiérrez e María Echezarreta (Oviedo Moderno); Eva María Navarro (Spa Alicante); Nerea Eizaguirre (Real Sociedad); Lorena Navarro (CD Tacón); e Nora Sánchez (Transportes Alcaine).