Teucro-Cisne, máis de 30 anos esperando por este partido

Pontevedra
28 de outubro 2016

"Máis que un partido vai ser un espectáculo", asegura o dirixente teucrista, Carlos García-Alén. Presidentes, adestradores e unha representación de cada plantel presentaron este venres o derbi pontevedrés da División de Honra Prata. Espérase un grande ambiente este sábado (20:30 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes

Quique Domínguez, Carlos García-Alén, Santiago Picallo e Jabato PontevedraViva

"Máis que un partido vai ser un espectáculo". Son palabras do presidente teucrista, Carlos García-Alén, pero a mensaxe compárteno todos e cada un dos protagonistas do esperado derbi pontevedrés da División de Honra Prata.

Este sábado (20:30 horas, TVG2) o Pavillón Municipal dos Deportes vestirá as súas mellores galas para acoller un Teucro-Cisne de liga máis de 30 anos despois.

"É deses partidos que crean afección", defende a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, que acompañou este venres a presidentes, adestradores e unha representación de cada unha dos persoais na presentación do partido.

Nunha semana marcada pola Copa do Rei o Teucro chega cun día menos de descanso que o Cisne, pero "no va a influír", defende Quique Domínguez xa que "creo que el equipo está bien físicamente y son partidos que no hay ni que preparar", sinala o técnico azul en relación á motivación de ambos os equipos.

"Los chicos están muy motivados y hay incluso que pararlos en los entrenamientos por exceso de ganas", sinala á súa vez Jabato.

O adestrador cineísta deberá facer dous descartes ao contar con todo o plantel á súa disposición, incluído Andrés Sánchez que "está aquí y va a jugar", revelou sobre o central pontevedrés, que leva varias semanas fóra do equipo ao atoparse no estranxeiro por motivos de estudos pero que non quixo perder tan especial cita.

As entradas custarán 12 euros para o público senior, 8 xuvenil e 5 infantil

Pola súa banda o equipo teucrista volverá contar coas baixas de Saúl Campo e Edu Moledo, ademais do lesionado de longa duración José Manuel Rial. 

Os dous adestradores eloxiaron ao equipo rival e sobre todo desexaron "que se vea un buen espectáculo y un partido divertido", verbalizó Domíngiez, nun Pavillón Municipal que agarda unha gran presenza de afeccionados no que pretenden sexa unha festa do balonmán pontevedrés.

Os socios do Teucro, como club que exercerá de local, poderán entrar de balde. Para o resto de afeccionados, as entradas mantéñense no seu prezo habitual, de 12 euros para o público senior, 8 para o xuvenil e de 5 euros para o infantil.

O choque será arbitrado polos irmáns Gallardo Cabello, do colexio territorial andaluz.