Segunda derrota consecutiva da Sociedad Deportiva Teucro tras caer fronte a un Lalín coa permanencia en xogo.
Os azuis fixeron unha boa primeira metade, pero esvaecéronse na segunda, na que chegaron a estar catro goles por baixo. Aínda que recortaron diferenzas no tramo final, non foi suficiente para remontar o partido (24-26).
O inicio estivo marcado polo alto ritmo, as imprecisións de ambos os conxuntos e coas defensas impóndose aos ataques. O Teucro xestionou mellor a situación e colocouse cun 7-5 aos 13 minutos de xogo.
Aínda que o marcador sorría ao cadro local, os xogadores de Sergio Carballeira non se atopaban cómodos sobre na cancha. Esa incomodidade acabou materializándose nun apagamento ofensivo de case seis minutos, durante o cal os azuis quedaron sen anotar.
O Lalín, en cambio, non perdoou e endosou un parcial de 0-3 co que volteou o resultado para porse por diante por primeira vez no partido (7-8). Carballeira detivo o cronómetro, e Martín Veiga rompeu a seca establecendo un novo empate no marcador (8-8).
A exclusión de Miguel Monteagudo non freou o impulso do equipo pontevedrés, que si que soubo aproveitar o castigo de dous minutos a Javier Iglesias para volver mandar no marcador coa máxima renda ata o momento (12-9).
Nesta ocasión foi o técnico visitante o que parou o tempo, atopando a tecla para neutralizar por completo aos de Lérez no tramo final da primeira parte e anotar un novo 0-3 que estableceu o empate a 12 ao termo do primeiro tempo.
O paso polos vestiarios non sentou ben ao equipo local, que pronto se viu superado por un Lalín que botaba o ferrollo en defensa e establecía o 15-17 tras catro minutos sen que o cadro de Pontevedra vise porta.
O tempo morto de Carballeira non serviu para desbloquear a situación e o Teucro continuou moi espeso en ataque, mesmo estando en superioridade numérica (16-20).
Os locais necesitaban unha reacción inmediata e, aínda que lograron acurtar a distancia ata dous tantos, non conseguiron frear o empuxe do rival, que soubo manter a calma no tramo definitivo.
O Lalín xestionou o ritmo e o tempo, pechando o encontro cun 24-26 final que lle permite deixar atrás a súa serie de catro derrotas consecutivas e coller aire de cara a manter a categoría.
Consulta as estatísticas neste enlace

Partido de Primeira Nacional entre Teucro e Lalín