A Sociedad Deportiva Teucro avanza na configuración do plantel para a tempada 26/27 cunha nova incorporación que se suma á recente fichaxe de André De Moura.
Trátase de Álex Gómez, xogador de 26 anos procedente do Club Balonmán Reconquista Vigo pero formado na canteira do club azul.
Álex convértese nunha fichaxe de garatías para reforzar o centro da defensa teucrista xa que os seus anos no equipo vigués consolidáronlle como un dos especialistas defensivos máis fiables da categoría.
Recalou nas filas do Reconquista na tempada 22/23 e alí evolucionou ano a ano até converterse nunha das pezas fundamentais do conxunto olívico en Primeira Nacional.
O seu regreso á cidade lerezana adquire un gran significado dentro do proxecto "Volver" xa que é un xogador que creceu dentro da estrutura do club desde as categorías inferiores.
O técnico do Teucro, Sergio Carballeira, explica que Álex Gómez "é unha fichaxe que encaixa perfectamente no perfil que buscabamos e cremos que se adaptará rápido ao sistema defensivo".
A defensa teucrista, que xa logrou ser a terceira menos goleada da liga na última tempada, refórzase cun perfil de garantías e, o máis importante, cunha gran vinculación ao club.
Álex convértese na segunda fichaxe do novo proxecto da Sociedad Deportiva Teucro, que tratará de buscar o ascenso de categoría a División de Honra Prata.
VOLVE Á CASA.
— SD Teucro (
Álex Gómez regresa ao Teucro como referencia defensiva dá categoría, tras varias tempadas non Reconquista de Vigo.
Hai fichaxes que chegan… e hai regresos que din exactamente quen somos.
Benvido, Álex 💙 #ProxectoVOLVER #ONoso #SDTeucro pic.twitter.com/xo4Fd9BmqTsdteucro) May 15, 2026