Tiago Rodríguez, rotura do cruzado e adeus á tempada

Pontevedra
04 de febreiro 2026
Actualizado: 21:34

O centrocampista do Pontevedra foi sometido a unha resonancia magnética que confirmou os peores prognósticos. Estará de baixa preto de oito meses

Tiago, no partido entre Pontevedra CF e Mérida en Pasarón Cristina Saiz

Malas noticias en forma de lesión grave no Pontevedra Club de Fútbol.

Tiago Rodríguez, un dos futbolistas granates que maior rendemento mostrou no que vai de tempada, rompeu o ligamento cruzado do seu xeonllo esquerdo.

O centrocampista retirouse con molestias no seu xeonllo nos últimos minutos do duelo fronte ao Talavera, e ao seu regreso á Boa Vila foi sometido a unha resonancia magnética.

O resultado desa proba, segundo puido confirmar PontevedraViva, foi un dos peores posibles, ao reflectir a rotura total do ligamento cruzado do xeonllo.

Debido a iso Tiago verase obrigado a pasar polo quirófano antes de afrontar unha recuperación que se estima próxima aos 8 meses.

Iso significa que non voleverá aos terreos de xogo até a próxima tempada.

QUINTA LESIÓN SIMILAR EN POUCO MÁIS DUN ANO

A de Tiago Rodríguez é a segunda rotura de ligamento cruzado desta tempada no Pontevedra, que xa viviu un caso similar con Juanra.

Dous casos que se suman aos sufridos a pasada campaña con Churre (outubro do 24), Jesús Cambil e no tramo final da competición a Pelayo Suárez. Todo un pesadelo para un club granate.