O TM Monte Porreiro suma ante L'Escala o seu segundo triunfo da tempada na Superdivisión

Pontevedra
09 de novembro 2025
Actualizado: 16:16

O equipo pontevedrés colócase na sexta posición da liga tras a súa vitoria este sábado en Príncipe Felipe

Partido entre Tenis de Mesa Monte Porreiro e Alicante TM

Segunda vitoria da tempada na Superdivisión Masculina para o Tenis de Mesa Monte Porreiro.

O conxunto pontevedrés superou este sábado ao CTT L'Escala no pavillón de Príncipe Felipe (4-2).

Colócase desta forma na sexta posición do campionato con 5 puntos.

Os pupilos de Nando Álvarez tiveron, iso si, que pelexar os puntos en xogo.

André Silva sumou o primeiro punto nun partido que se foi a cinco mangas contra Gilles Sohan, e Miguel Ángel Vílchez daba continuidade gañando a Xavier Peral.

Con todo L'Escala reaccionou para igualar o enfrontamento con puntos de Rafael Turrini e Gilles Sohan sobre Nico Galvano e Vílchez.

Coas táboas no marcador André Silva gañou unha partido clave, de novo en cinco duras mangas, contra Turrini, mentres que Nico Galvano outorgou o punto definitivo ao superar a Xavier Peral.

A próxima xornada, prevista para o 21 de novembro, o Monte Porreiro visitará ao Irún Leka Enea, equipo co que está empatado a puntos na clasificación.