Chegou ao Tenis de Mesa Monte Porreiro no verán de 2021, pero a súa gran implicación e desempeño convertéronlle case xa nun pontevedrés máis.
Miguel Ángel Vílchez, xogador do Monte Porreiro na Superdivisión Masculina, é protagonista estes días en Zadar, Croacia, ao participar coa Selección Española no Campionato de Europa por Equipos.
Unha cita na que está a ser protagonista e coa que se envorcou desde a distancia o seu club, pendente da evolución do seu xogador.
O campión nacional de 2025 outorgou este martes un punto chave a España nun duro enfrontamento contra Hungría de case 4 horas de duración. A Selección nacional impúxose 3-2 no duelo que pechaba a fase de grupos do Europeo logrando o pase aos oitavos de final e, de paso, certificando o billete para o próximo Campionato do Mundo, que se celebrará en 2026 en Londres.
A Vílchez tocoulle saltar á pista no seu debut nun Europeo co encontro igualado (1-1).
Medíase a David Szantosi, empezando de maneira inmellorable ao anotarse as dúas primeiras mangas (11-7, 11-8). Con todo o húngaro reaccionaría para empatar gañando o terceiro e cuarto set (10-12, 4-11).

Todo se decidiría no desempate, no que o xogador do Monte Porreiro salvou mesmo varias bólas de partido para terminar vencendo (13-11) e dando o punto a España.
Juan Pérez e Daniel Berzosa, no definitivo quinto partido, deron os outros puntos á Selección para conseguir acabar a fase de grupos na segunda posición, por detrás de Francia.
Agora en oitavos de final da Europeo espera a primeira clasificada do Grupo D, Portugal. Unha cita que desde o Tenis de Mesa Monte Porreiro volverán seguir con gran interese apoiando de lonxe a un dos seus.