Todos os equipos do Cisne, xuntos no Pavillón Municipal

Pontevedra
26 de outubro 2015

O Cisne non puido brindar este domingo un triunfo á súa afección. O Atlético Valladolid foi demasiado rival para os pontevedreses, pero iso non embazou en absoluto o acto de presentación oficial de todos os equipos do club para a tempada 2015-2016

Presentación dos equipos do Cisne para a tempada 2015-2016
Presentación dos equipos do Cisne para a tempada 2015-2016 /

O Cisne non puido brindar este domingo un triunfo á súa afección. O Atlético Valladolid foi demasiado rival para os pontevedreses, pero iso non embazou en absoluto o acto de presentación oficial de todos os equipos do club para a tempada 2015-2016.

Hora e media antes do partido do primeiro equipo, a directiva do Cisne reuniu no Pavillón Municipal aos integrantes dos diferentes conxuntos cos que conta actualmente o club pontevedrés.

Neste acto, foise presentando á afección aos integrantes da escola de balonmán benxamín e prebenxamín e dos equipos benxamíns federados A e B, alevín, División de Honra Infantil, División de Honra Cadete de Segunda División Xuvenil e da División de Honra Prata.

Ademais, o club aproveitou para facer as fotos oficiais de todos os seus equipos.

Esta reunión fraternal concluíu cos discursos do presidente, Santiago Picallo, así como do adestrador e o capitán do primeiro equipo, Edín Covelo e Toño Lafuente respectivamente.