Pontevedra consolídase como referente nacional de natación en augas abertas co ascenso da IV Travesía do Lérez Cidade de Pontevedra a categoría Tour 500 da Copa de España.
Esta nova edición destaca pola unión entre o Club Natación Galaico e a Travesía Vila do Tea de Ponteareas para ofrecer un fin de semana con 1.000 puntos en xogo para o ranking nacional.
A alianza entre ambas as probas converte á provincia en destino imprescindible para nadadores de toda España, que competirán o sábado en Ponteareas e trasladaranse á Boa Vila para a proba dominical.
Por primeira vez, a Travesía do Lérez celebrarase na mañá do domingo para, en palabras da organización, "optimizar as condicións técnicas para os deportistas e potenciar a afluencia de afeccionados".
O percorrido, pola súa banda, mantén a súa esencia, cun trazado cento por cento visible desde as beiras que converte o río Lérez nun estadio natural.
A proba abarca todas as categorías, desde Prebenjamines até Máster, e puntúa tamén para o Circuíto Galego da FEGAN.
Segundo adiantou o CN Galaico, xa está con negociacións para incluíla noutros circuítos.