Aínda non se celebrou pero as súas cifras previas son en grao sumo alentadoras.
A Travesía a nado do Lérez Cidade do Pontevedra, organizada polo Club Natación Galaico, non deixa de crecer e na súa terceira edición marcou unha nova marca de participación.
Incluída este ano na Copa de España de natación en augas abertas, a proba deportiva contará o vindeiro sábado 26 de xullo con 257 nadadores, unha vez pechado o prazo de inscricións.
Un evento que se quere converter en toda unha festa deportiva no río Lérez e para a que é necesario despregar unha importante infraestrutura en materia de seguridade.
Segundo explica o Galaico durante a competición despregaranse, entre outros, un servizo médico e de ambulancia, seis socorristas, asistencia en kaiak e táboa, dúas motos de auga, outras dúas embarcacións, bombeiros e até persoal do GEAS da Garda Civil. Ademais o club achegará medio centenar de voluntarios.
A travesía a nado do Lérez deseñouse para ser inclusiva e con diversas saídas para categorías popular, promoción, infantil, alevín, benxamín e prebenxamín, con distancias que van desde os 50 metros até os 2500 metros.
En canto á categoría absoluta (16.20 horas), contarán de 5.000 metros de percorrido con saída e chegada na praia fluvial constando de dúas voltas de 2.500 metros.
Unha edición que supón un paso máis no ambicioso obxectivo de lograr que Pontevedra poida acoller no futuro unha proba de augas abertas de ámbito internacional.