A Sociedad Deportiva Teucro acelera na planificación da próxima tempada, na que o seu obxectivo será dar un paso á fronte para pelexar polo ascenso á División de Honra Prata.
Nos últimos días o club pontevedrés confirmou varios movementos, con tres renovacións e unha fichaxe cos que o seu plantel vai tomando forma.
Miguel Monteagudo, Rhuan Marchette e o gardameta Miguel Jiménez Pello son o tres xogadores que continuarán no equipo azul a próxima campaña.
Ademais súmase ao proxecto Iago Vidal, pivote procedente do BM Reconquista.
Trátase da segunda fichaxe do Teucro e do segundo xogador procedente da Reconquista vigués, tras o porteiro Pablo González.
Xunto a estes nomes as renovacións anunciadas anteriormente do central Gonçalo Areias e do capitán do equipo, Caue Herrera, fai que sexan sete xa os xogadores confirmados polo vicedecano do balonmán nacional.