Satisfacción no Club Bádminton Ravachol Pontevedra polo bo papel dos seus deportistas no Campionato de España Sénior celebrado na localidade malagueña de Benalmádena.
Na competición estiveron presentes tres representantes do Ravachol, chegando a sumar ata tres medallas.
Por unha banda Raquel Miguens conseguiu o título nacional na modalidade individual feminina, no que supón o seu terceiro campionato de España.
Ademais Javier Sánchez levou o ouro no dobres masculino xunto ao xienense Rafael Porcuna e tamén venceu no dobres mixto facendo parella coa cordobesa Manuela Díaz.
Completou a representación do Ravachol no evento Javier Rey, que a pesar de protagonizar bos partidos non logrou subir ao podio.