Turno para os pratos fortes do Campionato de España de Ximnasia Trampolín

Pontevedra
23 de xuño 2023

Desde este venres e ao longo da fin de semana os deportistas elite inician a súa participación coas competicións individuais e de clubs. O prato forte é a modalidade olímpica de trampolín na que competirá a deportista local e gran favorita ao título, Melania Rodríguez

Primeira xornada do Campionato de España de Gimnasia Trampolín Mónica Patxot

Arrincan os pratos fortes do Campionato de España de Ximnasia Trampolín que se está celebrando no Recinto Feiral de Pontevedra desde o mércores 21 de xuño.

Precisamente este venres de 12:00 a 14:00 horas celebráronse as roldas preliminares de sincro, que tivo o seu gran final desde as 16:00 horas e a súa posterior entrega de medallas entre as 21:30 e 21:50 horas. Á súa vez, os deportistas de trampolín, dobre minitramp (DMT) e tumbling, arrincaron coas primeiras competicións preliminares, que continuarán ao longo do sábado.

O día de San Juan iniciarase a competición a partir das 10:00 coa continuación das roldas preliminares de trampolín, dobre minitramp (DMT) e tumbling, e as finais individuais e de clubs de tumbling, que terán a súa entrega de medallas entre as 14:00 e as 14:40 horas.

Xa pola tarde, entre as 16:30 e as 21:10 horas disputaranse as preliminares de trampolín e dobre minitramp e as finais de trampolín e dobre minitramp de categorías Pre-Júnior, Júnior, Pre-Sénior e Sénior. A entrega de preseas desta última será de 21:10 a 21:40 horas.

Concluirá o Campionato de España na xornada matinal do domingo coas finais de trampolín e dobre minitramp Alevín e Infantil e as finais de trampolín e dobre minitramp Club entre as 10:00 e 13:30 horas.

En total pasarán polo Recinto Feiral de Pontevedra máis de 600 deportistas de diferentes categorías de base e absolutas. Deles, 60 pertencen á base da Federación Galega e outros 74 son absolutos.