Última homenaxe á histórica campaña do Cisne

Pontevedra
28 de maio 2015

O club pontevedrés foi protagonista dun acto de homenaxe no Hotel Galicia Palace no que ademais quixo agradecer o apoio dos seus seguidores máis fieis

Homenaxe ao Cisne no Hotel Galicia Palace
Homenaxe ao Cisne no Hotel Galicia Palace / Diego Torrado

Antes de despedir oficialmente unha tempada histórica, a do seu ascenso á División de Honra Prata, o Club Cisne Balonmano recibiu unha última homenaxe no Hotel Galicia Palace de Pontevedra.

O acto, no que estivo presente a maior parte do equipo e xunta directiva, serviu ademais para premiar os seguidores máis fieis da entidade.

Neste aspecto o Cisne entregou un pequeno recordo a cinco afeccionados: Beatriz Chacón, Marina Rodríguez, Pachi Torres, Mónica Ramos e Dolores Rodríguez.

Con este acto péchase oficialmente un ano no que tamén se viviu con intensidade o 50 aniversario do club.