Esperábase un duelo de máxima igualdade, entre o líder Caserío Ciudad Real e o Club Cisne Balonmán, dous dos pesos pesados da División Honra Prata. Con todo, o conxunto local foi moi superior, apoiado no seu gardameta Givagnola e nun ataque que noqueou á defensa cisneísta, especialmente no primeiro tempo.
E é que tras uns primeiros minutos de máxima igualdade, un parcial de 5-0 liderado por un Palacios que anotou tres tantos seguidos obrigou ao técnico Jabato a pedir o primeiro tempo morto e así tentar deixar atrás a mala serie na que se meteu o seu equipo (8-4).
Pero de nada serviu a charla do pontevedrés e o Ciudad Real seguiu dominando en todas as facetas do xogo e nin o cambio a unha defensa 5-1 produciu efecto nun Cisne que se vía completamente desbordado.
Volveu parar o partido Jabato a pouco máis de 8 minutos para o descanso (14-7), pero non houbo maneira de dar coa tecla para reverter a situación, senón que o equipo local, apoiado en Campanario, aumentou a diferenza en ata oito goles ao alcanzar o intermedio (20-12).
Despois do paso polos vestiarios, o Ciudad Real continuou ao seu e o adestrador cisneísta parou o tempo cando a desvantaxe alcanzou os 10 tantos (24-14).
Seguiron pasando os minutos cun intercambio de golpes en ambas as porterías e mesmo o Cisne logrou rebaixar a diferenza en sete goles, pero o equipo local soubo facer o seu xogo para non meterse en leas e asinou un definitivo e avultado 35-27.
Consulta as estatísticas nesta ligazón