Un gol en fóra de xogo volve decidir o derbi entre Racing de Ferrol e Pontevedra (2-0)

Pontevedra
19 de febreiro 2023

Non puido o Pontevedra co Racing de Ferrol nun partido marcado pola polémica. Aínda que os da Malata foron superiores e xeraron máis e mellores ocasións, un gol en fóra de xogo de Manu Justo recentemente iniciado o segundo tempo marcou por completo o devir do duelo

Partido entre Racing de Ferrol e Pontevedra CF na Malata
Partido entre Racing de Ferrol e Pontevedra CF na Malata / Ferrol360

Non puido o Pontevedra co Racing de Ferrol nun partido marcado pola polémica. Aínda que os da Malata foron superiores e xeraron máis e mellores ocasións, un gol en fóra de xogo de Manu Justo recentemente iniciado o segundo tempo marcou por completo o devir do duelo.

Comezou o envite a un ritmo trepidante, con numerosas chegadas cando tan só cumpríronse 5 minutos de xogo. Primeiro o Pontevedra tentouno cun centro de Martín Diz que despexou á banda Jon García para acto seguido responder o Ferrol con balóns a Manu Justo e unha falta de Aitor Pascual que se foi desviada.

Dominaba o Racing en posesión e intensidade buscando desaxustes defensivos dos granates, que se vían superados polo seu rival e recorrían a faltas no medio campo para frear unha posible chegada a área de Pablo Cacharrón.

Co paso dos minutos, o Pontevedra foise asentando sobre o verde e mesmo chegou a portería rival cunha boa internada pola banda esquerda de Álex González, que chegou ata liña de fondo e sacou un bo centro que despexou a zaga local.

Entrou o partido a partir de aí en terra de ninguén ata que se alcanzou o minuto 25, cando o Racing de Ferrol tivo a ocasión máis clara da tarde. Balón á banda dereita de Carlos Vicente, centro ao momento de penalti e remate de primeiras de Luís Chacón que deu no pau. O rexeite colleuno Manu Justo, pero para fortuna do Pontevedra Derik tirouse a tempo e despexou o disparo.

Os locais deron un paso adiante por mor desa oportunidade e, Héber pola esquerda, provocou unha falta perigosa que botou Carlos Vicente entre os tres paus, obrigando a Pablo Cacharrón a realizar unha complicada parada para manter a portería a cero.

Custáballe ao Pontevedra roubar, e cando o lograba fallaba no último pase e provocaba a resposta á contra do Ferrol, que sumaba outra clara ocasión cando o partido entrou nos últimos 5 minutos cun centro de Luís Chacón que rematou Manu Justo moi forzado ao segundo pau e que Derik salvou na liña de gol. Para mala fortuna dos granates, o defensor fíxose dano nunha perna e tivo que ser substituído por Víctor Casais.

Xa no tempo de desconto, o Ferrol tivo a última oportunidade cun falta no frontal pero foise por encima da portería de Cacharrón.

Tras o paso polos vestiarios, o Pontevedra saíu como un revulsivo en busca do gol con rápidas transicións por banda dereita que acabaron en córner. Con todo, na primeira chegada dos locais do segundo tempo chegou o 1-0. Nun córner, Carlos Vicente rematou de cabeza e o balón deu en Manu Justo que, en fóra de xogo, desviouno á rede. E da mesma maneira que ocorreu en Pasarón no partido de ida co primeiro gol en fóra de xoga, a polémica volveu estar servida.

Rompeu o partido tras o gol, co Ferrol en busca dun segundo tanto que lle dese tranquilidade e que chegou no minuto 65. Balón á banda de Carlos Vicente, que dribló a Luís Martínez e de disparo cruzado ao pau longo bateu a Cacharrón, complicando aínda máis as cousas ao Pontevedra.

Buscó la reacción el equipo de Toni Otero con dos disparos lejanos y la entrada de Bastos y el jugador del filial Berni, que debutaba con el primer equipo. Pero pese a los cambios, el cansancio se iba notando y el partido se fue estacando. Los granates intentaban transicionar y llegar a área rival para reducir distancias pero los locales siguieron cómodos y sin nervios certificando la victoria.

Buscou a reacción o equipo de Toni Otero con dous disparos afastados e a entrada de Bastos e o xogador do filial Berni, que debutaba co primeiro equipo. Pero a pesar dos cambios, o cansazo íase notando e o partido foise estacando. Os granates tentaban transicionar e chegar a área rival para reducir distancias pero os locais seguiron cómodos e sen nervios certificando a vitoria.

RACING DE FERROL (2): Gazzaniga, Enol Coto, Jon García (Fornos, min. 45), David Castro, Aitor Pascual, Jesús Bernal, Manzanara, Carlos Vicente (Pep Caballé, min. 83), Luís Chacón (Del Pozo, min. 83), Héber (Jorge Padilla, min. 72) e Manu Justo (Jaume Jardi, min. 72).

PONTEVEDRA CF (0): Cacharrón, Churre, Miguel Román, David Soto, Álex González, Martín Diz (Berni, min. 75), Masogo (Borja Domínguez, min. 45), Derik (Víctor Casais, min. 43), Jon Bakero (Yelko, min. 85), Luís Martínez e Javi Robles (Anxo Bastos, min. 75).

Goles: 1-0, Manu Justo, min. 50. 2-0, Carlos Vicente, min 65.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 24 do grupo I de Primeira Federación disputado no Estadio da Malata.