O Teucro vese obrigado a suspender os adestramentos e todos os seus partidos ata novo aviso. Así llo notificaron este domingo desde o Sergas. A decisión débese á confirmación dun positivo por covid-19 nas filas do Balonmán Lalín, equipo ao que se enfrontou a escuadra pontevedresa o pasado venres.
Sanidade comunica ao club que os xogadores do primeiro equipo deben permanecer en corentena preventiva ata recibir o resultado negativo das probas PCR ás que serán sometidos todos os xogadores. Mentres tanto os adestramentos e partidos quedarán suspendidos de forma temporal.
Trátase dun duro revés para o traballo do conxunto lerezano, que acababa de comezar a pretemporada hai pouco máis dunha semana. O confinamento, que aínda non se coñece a súa duración, obrigará ao corpo técnico a reaxustar o traballo de preparación para a tempada e, a recado, afectará o rendemento do equipo nas primeiras xornadas de liga.