Un set deixa o TM Monte Porreiro fóra de Europa (3-3)

Pontevedra
10 de abril 2022

Empate con sabor amargo para o Tenis de Mesa Monte Porreiro o conseguido este domingo ante o Universidade de Burgos no Príncipe Felipe. O cadro pontevedrés, que buscaba un pase para competir en Europa a tempada que vén, quedou fóra por só un set despois de disputar un partido de auténtico infarto

Partido entre o Tenis de Mesa Monte Porreiro e o Burgos no Príncipe Felipe Cristina Saiz

Empate con sabor amargo para o Tenis de Mesa Monte Porreiro o conseguido este domingo ante o Universidade de Burgos no Príncipe Felipe. O cadro pontevedrés, que buscaba un pase para competir en Europa a tempada que vén, quedou fóra por só un set despois de disputar un partido de auténtico infarto.

Os pontevedres chegaron á cita minguados polas ausencias do lesionado Miguel Ángel Vílchez e do ruso Ilia Isakov, pero aínda así pelexaron con todas as ilusións postas en conseguir unha vitoria que lles dese o billete para competir en Europa.

Partiron cun parcial de 0-2 en contra pola ausencia de Vílchez, pero entre Martín Bentancor e Nico Galvano puxéronse ao choio para amarrarse á esperanza de gañar e xogarse todo en último duelo (2-3).

Foi aí cando todo decidiuse. Bentancor non podía ceder nin un só set ante Daniel Berzosa, pero os nervios e a necesidade de gañar condenaron ao xogador do Monte Porreiro, que perdeu no segundo por 11-6. Gañou os tres restantes, iso si, pero foron insuficientes para que o cadro pontevedrés lograse o pase a Europa.

Finalmente, 3-3 no resultado xeral e 10-11 nos xogos, que dan a vitoria a un Burgos que, a diferenza do Monte Porreiro, si xogará a competición continental.

A pesar deste resultado, desde o Tenis de Mesa Monte Porreiro están "moi orgullosos" polo traballo realizado por todo o equipo.

Consulta a acta do TM Monte Porreiro - Universidade de Burgos