Unha aparatosa caída de Miguel Gómez obriga o Froiz a despedirse do campionato de España

Pontevedra
25 de xuño 2016

Da peor maneira posible dixo adeus o Supermercados Froiz á súa participación no campionato de España elite que se está disputando o Alacante. Miguel Gómez sufriu unha aparatosa caída e tivo que ser ingresado nun hospital da localidade

Miguel Gómez, tras a súa caída no campionato de España de Alacante
Miguel Gómez, tras a súa caída no campionato de España de Alacante / Grupo Deportivo Supermercados Froiz

Da peor maneira posible dixo adeus o Supermercados Froiz á súa participación no campionato de España elite que se está disputando o Alacante. Miguel Gómez sufriu unha aparatosa caída e tivo que ser ingresado nun hospital da localidade.

A carreira presentábase moi ben para o equipo pontevedrés xa que Miguel Gómez, un dos corredores que se presentaba en mellor forma para poder alzarse cunha medalla, ía no grupo de cabeza.

No quilómetro 90 dos 194,4 dos que constaba a proba, Gómez caeu da bicicleta. 

Pouco antes picara e cando estaba a piques de conectar co grupo, tomando unha curva á dereita atopouse cun pivote de cemento que provocou a súa impactante caída.

Miguel Gómez permanece ingresado no Hospital Público Virgen de los Lirios (Alacante), á espera dos resultados e da realización de máis probas.

Ten varias contusións na cara e un brazo vendado, pero por agora o equipo non deu máis información sobre o seu estado.