Unha cea á altura de 90 anos de historia

Pontevedra
09 de setembro 2017

O Pazo da Cultura acolleu a cea oficial organizada polo 90 aniversario da Sociedad Gimnástica de atletismo, coa presenza de autoridades como o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo

Cea polo 90 aniversario da Gimnástica
Cea polo 90 aniversario da Gimnástica / Diego Torrado

A Sociedad Gimnástica de atletismo continúa de festexos polo seu 90 aniversario.

O Pazo da Cultura acolleu este venres a cea oficial de celebración por esta efeméride, á que acudiron dirixentes deportivos, atletas e tamén autoridades.

Entre os presentes atopábanse o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a secretaria xeral para o deporte, Marta Míguez, e tamén o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Antes da cea o presidente da Gimnástica, Ramón Touza, recoñeceu o labor Francisco José Guillán, ex-dirixente do club e que foi galardoado a título póstumo coa medalla de ouro da entidade, distinción que recolleu a súa muller, Purificación Montero.

Os actos de aniversario da Sociedad Gimnástica encaran xa a súa recta final, coa exposición fotográfica sobre a historia do club aberta no Arquivo Provincial ata o próximo 29 de setembro e unha última conferencia programada, o venres día 15, na que será protagonista Ramón Cid Pardo, director técnico da Real Federación Española de Atletismo.