90 anos de Sociedad Gimnástica

Cea polo 90 aniversario da Gimnástica

Unha cea á altura de 90 anos de historia

09/09/2017
Pontevedra

A Sociedad Gimnástica de atletismo continúa de festexos polo seu 90 aniversario. O Pazo da Cultura acolleu este venres a cea oficial de celebración por esta efeméride, á que acudiron dirixentes deportivos, atletas e tamén autoridades. Entre os presentes atopábanse o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a secretaria xeral para...

PontevedraViva
Diego Torrado
Inauguración da exposición fotográfica polo 90 aniversario da Gimnástica

90 anos de Sociedad Gimnástica, en imaxes

02/09/2017
Pontevedra

O Arquivo Provincial da Deputación de Pontevedra acolle, desde este venres, unha exposición fotográfica que repasa a historia da Sociedad Gimnástica de atletismo. A mostra se inclúe dentro dos actos previstos polo aniversario do club, que este sábado 2 de setembro cumpre 90 anos de vida. Responsables da histórica entidade, ademais de...

PontevedraViva
Mónica Patxot
Ramón Touza e Santiago Ferrer falan da Sociedad Gimnástica en PontevedraViva Radio

RADIO.- Sociedad Gimnástica, unha historia que comeza "cos 28 de Pontevedra"

01/09/2017
Pontevedra

Esta historia comeza co que se podería chamar "os 28 de Pontevedra". Vinte e oito cidadáns encabezados polo capitán Enríquez, Leonardo Enríquez Rojas, decidiron o 2 de setembro de 1927 fundar unha entidade á que chamaron Sociedad Gimnástica de Pontevedra. Profesionais diversos, empresarios, ... expuxéronse fomentar o exercicio de ximnasia...

Marisa Ciordia
Actividade Saltar na Rúa organizada pola Gimnástica

Saltando na rúa para celebrar o aniversario da Gimnástica

25/08/2017
Pontevedra

O Paseo de Odriozola, na céntrica Praza da Ferrería, converteuse este venres nunha improvisada pista de atletismo para celebrar o aniversario da Sociedad Gimnástica. O club pontevedrés, que o próximo 2 de setembro cumprirá 90 anos de vida, estrea os seus actos de celebración coa actividade Saltar na Rúa, que se...

PontevedraViva
Presentación dos actos do 90 aniversario da Gimnástica

Actividades, conferencias e unha cea de gala para celebrar os 90 anos da Gimnástica

16/08/2017
Pontevedra

O vindeiro sábado 2 de setembro a Sociedad Gimnástica de atletismo cumprirá 90 anos de vida, e por ese motivo preparou un calendario de actividades para "tratar de celebrarlo con cierta relevancia" e con todos os pontevedreses, recoñeceu o presidente do club, Ramón Touza, na presentación do calendario festivo. O primeiro...

Diego Espiño
José Luis Vidal, expresidente da Gimnástica

José Luis Vidal: "na miña vida tiven dúas familias, a miña propia e a da Gimnástica"

22/07/2017
Pontevedra

É a persoa que máis tempo estivo á fronte da Gimnástica (en catro etapas diferentes) e vive con emoción o inminente 90 aniversario da entidade atlética. Foino todo no club, desde atleta pasando por directivo, secretario e presidente. Toda unha vida dedicada á súa paixón, o atletismo, que asegura "namoroume"....

Diego Espiño
Mónica Patxot
Ramón Touza, presidente da Sociedad Gimnástica

Ramón Touza: "creo que o futuro da Gimnástica está ben encamiñado"

08/06/2017
Pontevedra

O próximo 2 de setembro a Sociedad Gimnástica de Atletismo cumprirá 90 anos de vida. Por ese motivo, o seu presidente durante os últimos 22 anos, Ramón Touza, repasa a actualidade e vivencias dun club que pasa por ser actualmente o segundo na cidade en número de licenzas, con preto...

Diego Espiño
Mónica Patxot