90 anos de Sociedad Gimnástica, en imaxes

Pontevedra
02 de setembro 2017

O Arquivo Provincial acolleu este venres a inauguración dunha exposición fotográfica que rapasa a historia do histórico club pontevedrés, que este 2 de setembro cumpre 90 anos de vida

Inauguración da exposición fotográfica polo 90 aniversario da Gimnástica
Inauguración da exposición fotográfica polo 90 aniversario da Gimnástica / Mónica Patxot

O Arquivo Provincial da Deputación de Pontevedra acolle, desde este venres, unha exposición fotográfica que repasa a historia da Sociedad Gimnástica de atletismo.

A mostra se inclúe dentro dos actos previstos polo aniversario do club, que este sábado 2 de setembro cumpre 90 anos de vida.

Responsables da histórica entidade, ademais de responsables de Deputación e Concello, acudiron á inauguración da exposición, que permanecrá aberta ata o próximo 29 de setembro.

O seu horario de visita é de luns a venres entre as 8:30 e as 14:30 horas.