Unha medalla e tres postos de finalista para a Gimnástica no Nacional Junior de atletismo

Pontevedra
11 de xullo 2017

Andrea González colgouse a medalla de bronce na competición celebrada en Granollers cunha gran marca de 39.16 metros no lanzamento de xavelina

Deportistas da Gimnástica no Campionato de España Junior en Granollers Sociedad Gimnástica

Satisfacción na Sociedad Gimnástica polo bo rendemento dos seus atletas no Campionato de España Junior de atletismo celebrado durante a fin de semana na localidade catalá de Granollers.

Os deportistas do club pontevedrés conseguiron unha medalla e tres postos de finalista nas diferentes probas, destacando o bronce de Andrea González no lanzamento de xavelina.

Andrea mellorou sensiblemente a súa marca no último dos lanzamentos para terminar con 39.16 metros e facerse coa terceira praza. Cuarta na mesma proba foi Claudia Puig, cun mellor lanzamento de 36.94 metros. 

Ademais Claudia Puig due décima no disco (31.94 metros) e Andrea González sétima no peso (10.87 metros). Outra atleta que ocupou posto de finalista foi Xiana González ao ser quinta nos 200 metros lisos (25.23 segundos en clasificatorias e 25.70 na final).

Tiveron menos fortuna nas súas actuacións os repsentantes masculinos da Gimnástica. Ángel Vargas non logrou entrar nas finais dos 200 e os 400 metros lisos (22.94 segundos e 53.30 segundos respectivamente), do mesmo xeito que Fernando Rial no 1.500 (4:17.54), mentres Alfredo González tivo que abandonar nos 3.000 obstáculos por problemas físicos.