Unha vitoria e un empate para o TM Monte Porreiro na Superdivisión

Pontevedra
25 de abril 2021

Non foi mal a dobre xornada de Superdivisión masculina de tenis de mesa para o Monte Porreiro, que venceu por 0-4 este sábado ao Leganés e ao día seguinte empatou co San Sebastián de los Reyes 3-3

Partido entre o TM Monte Porreiro e o CD Covirán Huetor Vega TM
Partido entre o TM Monte Porreiro e o CD Covirán Huetor Vega TM / Cristina Saiz

Non foi mal a dobre xornada de Superdivisión masculina de tenis de mesa para o Monte Porreiro, que venceu por 0-4 este sábado ao Leganés e ao día seguinte empatou co San Sebastián de los Reyes 3-3.

O equipo pontevedrés mostrou moi boa imaxe na súa visita a Leganés, onde non cederon ningún set e derrotaron ao pechacancelas cun contundente 0-4.

Pola súa banda, o domingo enfrontáronse ao San Sebastián de los Reyes. Os de Nando Álvarez competiron de ti a ti ante os madrileños, remontando un 1-3 para terminar empatando.

Con estes resultados, o Visit Pontevedra mantense en cuarta posición con seis puntos, a un do Arteal Santiago, que é terceiro, e a dous do San Sebastián de los Reyes, segundo. O líder indiscutible é o Asisa Borges Vall, imbatible con seis vitorias.

DIVISIÓN DE HONRA

O equipo masculino de División de Honra recibiu este domingo no Príncipe Felipe ao Cambados para enfrontarse nun duelo crave polo segundo posto.

Os de Monte Porreiro, a pesar de mostrar boa imaxe, caeron cun claro 1-4 que os descende a terceira posición, a un punto do Cambados.