Valiosa medalla de prata para Iván García no Open de Serbia

Marín
08 de abril 2025
Actualizado: 12:12

O deportista do Mat's de Marín sumou importantes puntos no ranking ao chegar até a final no Open de Serbia de Taekwondo, competición de categoría G1 celebrada en Belgrado

Iván García, coa medalla de prata conseguida no Open de Serbia
Iván García, coa medalla de prata conseguida no Open de Serbia / Federación Galega de Taekwondo

Importante resultado o conseguido por Iván García no Open de Serbia de Taekwondo.

O deportista do Mat's de Marín sumou importantes puntos no ranking ao colgar a medalla de prata na competición internacional de categoría G1 celebrada en Belgrado.

Iván foi superado na final da categoría de +87 quilos polo turco Bicer, nun combate no que non sentiu cómodo, pero antes avanzara tres roldas para plantarse na pelexa decisiva.

En primeiro lugar superou un compañeiro de equipo como Sergio Troitiño, que competía nun peso superior ao habitual.

Despois venceu en dous asaltos oo polaco Krystian Haremza.

Así chegou ás semifinais, nas que esperaba o grego Apostolos Telikostoglou. Un duro rival que chegou a forzar o terceiro asalto levando ao límite o marinense.

En Belgrado tamén competiron, sen fortuna e sen poder avanzar no cadro, Arlet Ortiz (Mat's) e Ekaterina Rebón (Número Phi).

Ademais o taekwondo galego conseguiu varias medallas, cos ouros Carla Sesar (Natural Sport) e Adrián Salanova (Maniotas), a prata de Tania Castiñeira (Hebe) e o bronce de Javi Otero (Natural Sport).