Valioso empate do Poio Pescamar na casa do Futsi Navalcarnero (1-1)

Poio
27 de abril 2024

Importante punto o conseguido polo Poio Pescamar este sábado na casa do segundo clasificado, o Futsi Navalcarnero. O conxunto conserveiro adiantouse no primeiro tempo cun gol de Laura Uña e as locais empataron no despois do descanso por medio de Laura Córdoba, que tivo nas súas botas o que puido ser o tanto da vitoria, pero o seu disparo estrelouse coa madeira cando tan só quedaban uns segundos para a conclusión

 

Partido de liga entre Poio Pescamar e Futsi Atletico Navalcarnero na Seca Cristina Saiz

Importante punto o conseguido polo Poio Pescamar este sábado na casa do segundo clasificado, o Futsi Navalcarnero. O conxunto conserveiro adiantouse no primeiro tempo cun gol de Laura Uña e as locais empataron no despois do descanso por medio de Laura Córdoba, que tivo nas súas botas o que puido ser o tanto da vitoria, pero o seu chute estrelouse coa madeira cando tan só quedaban uns segundos para a conclusión.

Comezou o encontro cun ritmo frenético e un primeiro aviso por parte do Futsi xa no minuto uno de xogo cun disparo de Irene Córdoba que se estrelou contra o poste.

Aumentou a presión o Poio Pescamar coa intención de abrir a lata e buscou fortuna con por medio de Ale de Paz e Rocío Gómez. A primeira xutou cruzado e a segunda probou de lonxe.

Acto seguido foi Elena Aragón a que puxo a proba a Marta Balbuena, que interveu por primeira vez aos sete minutos de xogo. Con todo, na seguinte xogada nada puido facer a gardameta local para evitar o tanto conserveiro. Rocío Gómez roubou o esférico e cedeu a Laura Uña, que disparou desde medio campo para subir o 0-1 ao marcador.

Non estaba cómodo o Futsi, incapaz de xerar perigo en portería dun equipo visitante ben posicionado en defensa. Parou o tempo López-Tulla no minuto 13 e entrou Anna Escribano, xa recuperada, despois de superar a importante lesión que a mantivo afastada da cancha durante toda a tempada, mentres que Sergio Bretón decidía deter o cronómetro instantes despois para tentar buscar a igualdade antes de alcanzar o descanso. E preto estivo de conseguilo a falta de 2 minutos para o intermedio, pero Elena Buzón fixo unha gran parada e evitouno.

Tras o paso polos vestiarios puido o Poio Pescamar facer o segundo tanto por parte de Ale de Paz e de Martita, María Sanz avisou acto seguido cun disparo que rozou a cruceta conserveira e pouco despois Laura Córdoba non perdoou a pase de Ana Luján, tamén recuperada tras unha lesión de longa duración.

O gol do empate sentou como un xerro de auga fría para as visitantes, que viñeron abaixo e empezaron a sufrir as continuas chegadas dun equipo madrileño que se topaba unha e outra vez cunha Elena imperial que salvaba o seu equipo.

Ante a situación, o técnico do Poio pediu tempo morto, pero as súas xogadoras seguían sendo incapaces de pisar área rival con perigo e optaban por disparar de lonxe.

Sen que se movese o marcador alcanzouse a recta final do encontro e foi cando o Futsi tivo a que quizá foi a ocasión máis clara para facerse cos tres puntos, pero o disparo de Laura Córdoba, practicamente a portería baleira, estrelouse co poste.

Consulta nesta ligazón a acta do partido.