Vende cara a derrota o Ribadumia en Abegondo (3-2)

O Salnés
01 de novembro 2015

A punto estivo o Ribadumia de sorprender ao Deportivo B en Abegondo. Os aurinegros caeron derrotados nun partido no que non saíron moi contentos da actuación arbitral

Partido entre Ribadumia e Boiro na Senra
Partido entre Ribadumia e Boiro na Senra / Diego Torrado

A punto estivo o Ribadumia de sorprender ao Deportivo B en Abegondo. Os aurinegros caeron derrotados nun partido no que non saíron moi contentos da actuación arbitral.

Os deportivistas adiantáronse no primeiro tempo con dous goles na recta final, conseguidos por Óscar García e Expósito. que parecían inclinar claramente a balanza do lado local.

Ao pouco de comezar o segundo tempo Changui reducía distancias, pero o Deportivo B respondía case de inmediato, no minuto seguinte, ao facer Ferney o 3-1, devolvendo a tranquilidade á bancada local.

Pero o Ribadumia non se entregou ata que a falta de cinco minutos Nando volvía acender a chama da esperanza para os de Sierra, que tiveron ocasións para lograr polo menos o empate.

Consulta aquí o acta do partido.