VIDEO.- 'Juega con nosotros', o Teucro busca apoios á súa campaña de socios

Pontevedra
08 de setembro 2014

O vídeo elaboruono Aina Llobet e ÿscar Amoedo coa colaboración do primeiro plantel teucrista. O obxectivo da campaña é superar os 1.000 socios durante a tempada que está a punto de arrancar

Vídeo promocional da campaña de socios do Teucro
Vídeo promocional da campaña de socios do Teucro / Aina Llobet

A metade dos socios da pasada campaña retiraron xa o seu abono, pero a Sociedad Deportiva Teucro non descansa no obxectivo de recuperar á súa masa social e superar, por primeira vez nos últimos anos, a barreira dos 1.000 socios.

Para iso, a poucos días de que arranque a División de Honra Prata, a entidade azul recorreu a un vídeo para intentar animar os afeccionados ao balonmán para que apoien o equipo no Pavillón Municipal dos Deportes.

Baixo o lema 'Juaga con nosotros' o traballo audiovisual, obra de Aina Llobet e ÿscar Amoedo, conta coa colaboración do primeiro plantel teucrista.

O Teucro debutará en Irún o próximo sábado 13 de setembro visitando ao Bidasoa, mentres a estrea na casa será unha semana máis tarde, o sábado 20, ante o Maristas Algemesí.