Vilaboa ultima os preparativos para inaugurar de maneira oficial a súa nova pista de pump track de Paredes.
A infrestructura, que está chamada a converterse nun referente deportivo e de lecer na comarca, abre este domingo 8 de marzo a partir das 12:00 horas, na Canteira.
O Concello, con colaboración da Deputación de Pontevedra, investiu 163.325 euros na obra, que está formada por un circuíto continuo de ondas, peraltes e trazados enlazados para bicicleta, monopatín, patíns ou patinete.
A zona é apta para todos os niveis e sen necesidade de pedalear, só con inercia corporal. Cumpre, ademais, cos estándar actuais de seguridade e accesibilidade.
Na inauguración participarán Paula Rodríguez (campioa Galicia e Open España PT 2025) e Iván García (campión Galicia e Open Galicia PT 2025), que realizarán demostracións en directo para que os presenten vexan o potencial desta disciplina.
Tamén haberá música e un taller de aprendizaxe impartida polo Club Ciclista Val do Ulló e dirixido aos máis pequenos de Vilaboa.
Desde o Concello sinalan que esta pista supón un paso máis na aposta por crear espazos públicos de calidade, fomentar hábitos saudables e ofrecer alternativas de lecer ao aire libre.
A súa localización, en Paredes, é unha zona xa consolidada como punto de encontro veciñal, contribuíndo a dinamizar a vida social e deportiva do municipio.
O Concello convida a veciñanza a acudir equipado para celebrar a posta en marcha da infraestrutura.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.