O Villalonga xogarase a permanencia na última xornada

Sanxenxo
04 de maio 2025
Actualizado: 22:10

Os celestes caeron 3-1 ante a Gran Peña e seguirán dependendo de terceiros para salvarse. Ademais de gañar obrigatoriamente ao Estradense, necesitarán unha picada de Valladares, Barbadás ou Arteixo

Partido entre Villalonga e Betanzos Villalonga FC

A falta dunha xornada para que finalice a liga regular, a permanencia en Terceira Federación está a lume vivo.

Aínda que a Gran Peña coa súa vitoria por 3-1 ante o Villalonga certifica virtualmente a súa permanencia, aos de Alberto Mariano complícanselle un pouco máis as cousas e dependerán de terceiros para salvar a categoría.

Nestes momentos o Villalonga é penúltimo con 33 puntos e deberá gañar na última xornada ao Estradene, segundo clasificado, ademais de depender do que fagan Valladares e Barbadás, que contan cun punto máis, e do que faga o Atlético Arteixo, que suma 35.

En canto á partida fronte á Gran Peña, comezou cun gol en propia porta de Nico Fraga no minuto 15 co que se adiantaron os locais e que sentou como xerro de auga fría aos celestes.

Reaccionaron na segunda metade, cando estaba a piques de cumprirse a hora de xogo, cun tanto de Iker Villanueva, pero a alegría duroulles moi pouco.

Dez minutos despois Edu González fixo o 2-1 e Fran Makiese sentenciou no 76 establecendo o 3-1 definitivo.

Consulta a acta neste enlace