O Club Baloncesto Arxil confirmou que contará con Violeta Crespo para os plans do primeiro equipo na Liga Feminina 2.
A aleiro, que chegou ao club hai dúas tempadas tras formarse na base do Porriño, dará desta forma o salto ao primeiro plantel, aínda que a súa ficha estará vinculada ao filial de Primeira Nacional.
"Violeta é un bo reflexo de como se traballa no Arxil. Creo que vai seguir crecendo moito e nun persoal tan novo será unha máis. Aínda que non será sinxelo, a súa capacidade de traballo poñerallo máis fácil", sinala dela a que foi o seu adestrador no segundo equipo a pasada campaña, Lino Vázquez.
"Es un club muy familiar y me siento muy afortunada de seguir formando parte de él", asegura pola súa banda a xoven xogadora, que declarou estar "muy feliz de poder empezar mi tercera temporada aquí".
Coa súa achega o persoal do Arxil de LF2 segue a tomar forma, sumándose ás confirmadas Natalia López, Carla Fernández, Cristina Díaz-Pache, Margarita Moreira, Noa Casalderrey, Heather Forster, Noelia Masiá e Bineta Ndoye.
Violeta Crespo, @violetacrespo7 , continuará a medrar no clube. A aleiro porriñesa segue no Mafari pero chamada a dalo salto a LF2, sumará a sua terceira tempada vestindo de verde.#FAMILIAVERDE #estaestugrada#LigaFemenina2 pic.twitter.com/zDQ887Av16
— CB Arxil (@ArxilCb) July 29, 2020